Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola que adicamos a repasar viños premiados na Cata da Feira do Viño de Amandi. Foi organizada por Bruno Lobelle de Vinosacra, e conversamos con él. Do 5 o 25 de xullo celebrarase polo Camiño de Inverno a segunda edición do Camiño Creativo que se presenta este mércores con varios actos que repasamos coa organizadora, Belén Elisa Díaz. Para facilitar a comunicación entre Quiroga e Courel, a Consellería de Infraestructuras e Mobilidade habilitará un acceso provisional que permitirá restituír o tráfico no treito da LU 551, que se afundidara o 20 de marzo. Intervención que repasamos conversando con Dolores Castro, alcaldesa do Courel. Entre outros asuntos falamos da operación "Náufrago", levada a cabo pola Garda Civil e que permitiu desarticular dous grupos especializado no tráfico de drogas residentes en Chantada e Monforte. En total rematou a operación con seis detidos, os dous últimos esta pasada fin de semana.