Escasa incidencia da folga de médicos nesta zona sur de Lugo. É unha das novas das que recollemos balance nun programa no que falamos da Queixería Airas Moníz que empeza a recibir visitas. E visitantes, máis de 400, os que en Semana Santa pasaron polo Ecomuseo de Arxeriz a visitar a recreación que fixeron no castro no que preparan novas intervencións para este verán. Falamos tamén dos dous polígonos agroforestais que se preparan na zona, o de Bóveda e o do Saviñao e entre outros asuntos, dun curso de fotografía dixital que este xoves vota a andar en Monforte da man de Jesús Rodríguez Montero.