Abrimos programa conversando co investigador monfortino Felipe Aira, dun traballo que está realizando sobre homes e mulleres que destacaron por diversos motivos no Monforte de finais do século XIX e XX. Co avogado Javier Leiro falamos da prescripción de delitos. Coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara, repasamos previsións de ocupación para a ponte das Letras Galegas, e repasamos os datos do último mes. A presidenta provincial do PP Elena Candia, valora a chegada de Alfonso Rueda á presidencia da Xunta, e entre outros asuntos falamos da curtametraxe que sobre Rosalía de Castro presenta este venres o Ateneo Casino de Monforte coa guionista Anxos García Fonte.