Este xoves abre oficialmente a vendima na D.O Ribeira Sacra aínda que hai xa 56 adegas abertas das 95 que van a vinificar. Coincidindo con esta data, empeza tamén campaña a adega Rectoral de Amandi, a de maior produción de toda a D.O. Repasamos as previsións que manexan para esta campaña con Antonio Vide, encargado da citada adega, e acompañados do técnico Alfonso Losada. Falamos cunha veciña de Moreda, Montse Iglesias, que utilizou as redes sociais para denunciar retrasos a hora de notificarlle resultados de probas necesarias para o tratamento oncolóxico ao que está sometida. Co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, repasamos a segunda fase das obras de mellora do saneamento municipal que finacionadas pola CH empezaron este luns. Entre outros asuntos repasamos rtamén resultados de estudios arqueolóxicos feitos na parroquia de Salcedo sobre bancais alí descubertos e datados no século VII. Benito Vilas dirixiu o proxecto e hoxe entrevistámolo no programa.