Abrimos co repasa á información máis próxima e co espazo adicado ao sector vitícola no que acompañados do técnico Alfonso Losada, entrevistamos á investigadora Mar Vilanova, que vén de ser nomeada directora do Instituto de La Vid y el Vino de La Rioja. De motivación para emprender falará hoxe en Monforte o experto Emilio Duró que participa nun acto organizado polo GDR Ribeira Sacra Courel e que conta con máis de 200 inscritos. Coa directora do distrito sanitario de Lemos, Inmaculada Ramos, repasamos conclusións do simposio celebrado no Hospital Comarcal sobre Atención Primaria, e entre outros asuntos falamos tamén do guerrilleiro monfortino Ramón Yáñez Pereira, asasinado en Celanova e cuxa historia recupera o Comité de Memoria Histórica de Celanova. Escoitamos á presidentea do Comité, Celia Inés Feijóo, o historiador Carlos Morais e recuperamos tamén declaracións do alcalde de Monforte no acto celebrado na Casa da Cultura.