Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e recollendo balance do servizo de atención temperá que dende Quiroga presta servizo para a zona sur de Lugo. Danos máis datos deste servizo o concelleiro do BNG de Quiroga, responsable da área de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández. Falamos con Tomás Díaz, un dos veciños que deixa illado en Santo Estevo do Sil, as obras de modernización da liña férrea. Os veciños afectados reclaman solución. E no IES Río Cabe, xornada de clasificación dos xoguetes recolleitos no Festival Solidario do pasado venres. Fai balance a profesora Sara Porrit e Lois, un dos alumnos. Repasamos resultados dos partidos da fin de semana, e no espazo adicado á saúde bucodental, María José Martín fala hoxe de ondontoloxía deportiva.