Visítanos o apalpador e conversando con él abrimos o programa de hoxe, con Anxo Moure e o acompañamento musical de Servando Barreiro. Época de beléns e en Monforte, no Museo de Arte Sacro, temos un napolitano do século XVII cuxa historia repasamos coa investigadora Manuela Sáez. É día de Feira en Monforte e dende hai uns anos Abadía San Simón organiza para esta xornada unha pulpada. Repartirán 15 quilos de pulpo. Falamos con Simón Otero, promotor da iniciativa. Recoméndanos viños para estas festas o técnico Alfonso Losada. Entre outros asuntos, falamos tamén dos certificados de calidade que vén de recibir o concello de Monforte para 5 servizos turísticos que repasaba o alcalde, José Tomé Roca.