Cúmprense tres anos da chegada da Covid as nosas vidas. Días compricados para toda a cidadanía pero especialmente para servizos médicos como os de urxencia. Repasamos actividade do servizo de urxencias do Hospital Comarcal co responsable do mesmo o doutor Ramón Muñoz. E as obras de mellora da estrada que da acceso a Seoane do Courel vai provocar cortes de tráfico nos accesos durante uns dous meses, situación que repasamos conversando coa alcaldesa Dolores Castro. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima falamos tamén da Feira do Viño de Quiroga que hoxe mesmo foi presentada. Falamos dela co alcalde Julio Álvarez, e con Pablo González e José Manuel Pol, integrantes da Comisión Organizadora.