Monforte recupera o Festival do Viño da Ribeira Sacra que se vai celebrar do 1 ó 3 de xullo. O alcalde de Monforte presentaba hoxe as actividades e repasando as mesmas abrimos o programa. É día de San Antonio, festa local en Monforte repasamos a orixe do culto a este santo no concello monfortino conversando co investigador local Felipe Aira. Entre outros asuntos, tamén conversamos co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, falamos do viveiro de empresas que van construir no polígono. Da feira Outrora que tamén recuperan en xullo, e do novo libro dos Bolechas que terá como protagonista o novo miradorio da serra de Penas.