Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 13/06/2023

Programa completo do 13/06/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 13.06.2023 14:24

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e falamos con Pablo Estévez, galardoado por cuarta vez nos últimos cinco anos como "Mellor Enólogo de España" pola UEC que premiou tamén á adega Petrón á que Estévez está vecellado. Falamos tamén co enólogo Antonio Muñóz que elabora o viño "Manuel Arnoya" da Rectoral Amandi, un dos viños da D.O Ribeira Sacra que máis alta puntuación acadou na lista de Decanter, xunto con "Risco" de Algueira. Conversamos co músico Abraham Cupeiro que actúa este sábado no Centro Oleiro de Gundivós. E hoxe, día grande das Festas de San Antonio en Monforte, repasamos como van os festexos con Mon López, da comisión organizadora. Entre outros asuntos, falamos tamén con Belén Elisa Díaz, directora de España Creativa, o Camiño Creativo que impulsa esta Asociación ven de quedar finalista nun concurso que convoca a Unesco a nivel mundial, foi o único que reprentou a España. En ela repasamos outras iniciativas nas que está traballando para impulsar tamén o territorio.