Repasamos novas da actualidade máis próxima, como os movementos que segue habendo entorno a crise do sector vitícola, hoxe protesta do SLG mentres UUAA abre mesa de diálogo coa Consellería de Medio Rural. Escoitamos a representantes dos dous sindicatos. María Díaz López, traductora monfortina, tocoulle exercer como tal nos Xogos Olímpicos de París, e hoxe repasa como foi a experiencia. Outra monfortina, Patricia Meira, fálanos do libro de poemas que hoxe presenta no Ateneo Casino. A ANPA do CEIP de A Pobra do Brollón segue protestando pola falta de profesorado. Hoxe concentración e folga por unha situación que repasamos co director do Colexio, Pablo Camarero. Conversamos tamén con Rosa Nieves, presidenta da Asociación Musical Luis Nieves, do concurso de bateristas e da entrega da beca musical, que levarán a cabo esta fin de semana. Con Virginia Menéndez, da Asociación de Loita contra o Cancro, repasamos datos da marcha que preparan para o domingo. Falamos tamén co rexedor soberino, Luis Fernández Guitián, das festas patronais que empezan hoxe en Sober .
Más de Uno Monforte de Lemos 13/09/2024
Programa completo do 13/09/2024
¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?
Únete ahora