Inaugurado un novo Foro de debate sobre a Ribeira Sacra. Foro Territorios Patrimonio que abriu o Conselleiro de Cultura, o presidente da Deputación de Lugo, o presidente do Consorcio Turístico e o propio director do evento. Abrimos programa escoitando as primeiras valoracións que facían deste evento. Máis dun cento de profesionais do ámbito sanitario participaron na Xuntanza organizada en Monforte pola Sociedade Galega da Dor e Coidados Paliativos. Repasamos datos da mesma conversando co doutor Felipe Rocha, responsable do servizo de anestesia no Hospital Comarcal. Esgotadas as poucas horas de ofertalas as prazas para visitar a Central Hidrolóxica de Santo Estevo. Turismo industrial que expertou moito interese e do que falamos coa xerente do Consorcio Alexandra Seara. E a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra, despediron onte en Santiago, asistindo á Misa do Peregrino, as actividades deste 2023. Facemos repaso conversando co secretario da Asociación José Ramón Catoira. Falamos do incendio que tivo lugar na rúa Abeledos, e entre outros asuntos repasamos actividades que o concello de Monforte prepara para conmemorar o 25N.