A radio cumpre 100 anos de emisión en España aínda que en Monforte a primeira emisora empezou a funcionar en 1954. Hoxe celebramos o século de vida deste medio cun programa especial escoitando a oíntes, e repasado pasado, presente e funturo con Luis Blaco, que fora director de Radio Nacional neste concello e que adicou toda a súa vida á radio, e co xornalista Ángel Árnaiz, que tamén fixo programas de radio pero sobre todo é un gran consumidor de radio.
A radio escóitase moito nos coches aínda que o formato foi mudando co paso do tempo, falamos delo con Roberto Novo, director comercial de Autos Lemos. Nas tendas de electrodomésticos, seguen vendendo aparatos tradicionais como nos asegura José Antonio Guitián, responsable de Bazar Lago. A radio escolar será tamén protagonista deste programa especial que lle ofrecemos hoxe e dela falamos con Luis Conde, reposable da Radio Torre de Lemos, Flora Grande, profesora do Ceip Virxe do Carme de Sober e coordinadora de Radiuvín, escoitamos algúns dos nenos que fan radio na mesma, e tamén conversamos co director do Ceip A Pobra do Brollón, Pablo Camarero, que xunto con Sober, son pioneiros en poñer a radio ao servizo do ensino.