Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 13/12/2023

Programa completo do 13/12/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 13.12.2023 14:13

Abrimos programa co espazo Facendo Empresa que adicamos hoxe a Desguaces e Eco Monforte e falamos con Iago González. Paralizada novamente a construción da residencia de Pobra do Brollón confía o alcalde, Xosé Lois Maceda, nunha nova rápida adxudicación. Explícanos a situación. A comunidade de montes de Lobios financiou a restauración do retablo da Igrexa. Traballo realizado pola restauradora Dolores Lago coa que conversamos hoxe. Entre outros asuntos, conversamos tamén co xornalista Xaquín López sobre o libro que vén de publicar, El Cambiazo, e que presenta este venres en Chantada, a súa localidade natal.