Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 14/02/2023

Programa completo do 14/02/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 14.02.2023 14:15

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola e co técnico Alfonso Losada falamos das enfermidades das cepas. O concello de Monforte prepárase para implantar a recollida de biorresiduos e para a posta en marcha das cámaras de seguridade instaladas en varias rúas da cidade, Son algúns dos asuntos da actualidade local que repasamos co alcalde José Tomé Roca que anuncia que será Adif quen se encargue de contratar as obras de mellora da Praza da Estación. Repasamos singularidades do colar de contas atopado no Castro de San Lourenzo conversando con Carolina Pérez, restauradora que se encarga de estudalo e entre outros asuntos, entrevistamos a Teddy López Pedredo, elixido candidato do PP á alcaldía de Pobra do Brollón.