Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 14/06/2022

Programa completo do 14/06/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 14.06.2022 14:27

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola, hoxe falamos con Miguel Pavón Reinoso, elaborador do viño Instinto Romano, premio o mellor tinto da D.O Ribeira Sacra na Cata organizada polo Consello Regulador, premiado tamén na Feira do Viño de Chantada, acompañados do técnico Alfonso Losada, repasamos tamén prazos de contratación de seguros para o sector, conversando con Javier García, técnico do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Conselleria de Medio Rural. E de cara ao próximo curso amplíase a oferta educativa no IES Daviña Rey, cun Master de Ciberseguridade, e no IES A Pinguela, cun novo ciclo de Moda e Confección. Novidades que repasamos conversando cos directores destes dous centros, Isaac González e Enrique Sampil. Repasamos sentencia do Tribunal de Contratación Pública de Galicia ao respecto do incremento salarial das traballadoras do SAF, con Alejandra Jesto Montes, secretaria xeral de CCOO da Federación Hábitat, e con Mario Docasar, secretario de acción sindical do citado sindicato en Monforte. E aprobada por unanimidade a creación dunha Federación de Asociacións da Ribeira Sacra, na que pasan a integrarse 52 colectivos. Falamos delo con Xurxo Martínez, vicepresidente da Asociación promotora e membro tamén da directiva da nova.