Aida Menéndez Lorenzo guía hoxe o noso programa. A presidenta da Asociación do Camiño de Inverno finou na tarde de onte e a ela adicamos a emisión deste xoves. Loitadora incansable para que esta Ruta acadara o recoñecemento oficial, á promoción, divulgación e estudo deste Camiño Xacobeo adicou moitos anos da súa vida. Con ela compartimos moitas horas de radio e hoxe recuperamos algunhas das súas declaracións. Falamos dela con Manuel López Eiriz, tesoureiro da Asociación que Aida fundou e presidiu desde 1998. Dos moitos amigos que deixa, eliximos á profesora e historiadora Flora Enríquez, para repasar tamén con ela o legado que deixa a impulsora do Camiño de Inverno. Sobre este Camiño empezou a traballar sendo concelleira de cultura no primeiro mandato de Nazario Pin como alcalde. Hoxe o ex rexedor lembra tamén como era Aida Menéndez. Entre as últimas actividades que realizou foi a publicación do Anuario "Via Xacobitana", deixa varios volumes publicados polo GDR Ribeira Sacra - Courel, do que tamén formaba parte. O presidene deste Gupo, José Manuel Arias, alcalde de Bóveda, lembra tamén á protagonisa do programa especial que facemos hoxe en memoria de esta animosa e incansable muller coa que esta zona ten sen dúbida unha débeda. Aida Ménezdez Lorenzo, Bo Camiño!