Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 15/01/2024

Programa completo do 15/01/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 15.01.2024 14:16

Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima nunha xornada na que vén de presentar o alcalde de Monforte a nova iluminación que van colocar nos 346 pasos de peóns que ten esta cidade. O GDR Ribeira Sacra Courel promove a creación de novas experiencia turísticas no territorio que representa. Unha iniciativa que repasamos convesando co xerente deste grupo. Luz verde para o polígono agroforestal de O Saviñao que agrupará 143 parcelas de 33 propietarios. Coñecemos máis conversando co alcalde do citado concello. Repasamos como vai funcionar o matadoiro móbil que pon en marcha a Xunta para explotacións de gando ovino, caprino e porcino, co director xeral de gandaría e industria agroalimentaria. O IES Río Cabe está incluido no programa EduReferentes, e da actividade desenvolta esta maña danos conta o director do citado instituto. Entre outros asuntos, repasamos tamén resultados dos partidos disputados esta fin de semana polos equipos da zona.