Repasamos a actualidade máis próxima e abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a María Yáñez, unha emprendedora que busca axuda para financiar un xogo de cartas que agarda sacar ao mercado este verán. En vésperas de celebrar o xoves de comadres vemos como se preparan para esta cita no centro Albores, falando con Tania Sobrado, terapeuta do citado centro, e no Ceip da Gándara, niste caso falamos con Sara Martínez, responsable de actividades extraescolares. Entre outros asuntos, conversamos tamén cunha veciña de Monforte que denuncia o retraso que sofre unha proba médica a que ten que ser sometida e pola que leva agardando desde o 2021.