Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 15/03/2022

Programa completo do 15/03/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 15.03.2022 14:17

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola, co técnico Alfonso Losada e o presidente do CRDORS, José Manuel Rodriguez, repasamos como afecta a guerra de Ucraína na exportación de viño nesta D.O. e da participación da mesma na Cata de Viños de Aosta. Falamos da restauración levada a cabo en dous retablos das capelas laterais da Igrexa da Nosa Señora da Antiga coa restauradora Carlota López. O concello de A Pobra do Brollón asinará un convenio coa área de deportes da Deputación de Lugo para levar a cabo obras na pista polideportiva e adxudicadas as obras da residencia, agardan que se poñan en marcha canto antes. Actuacións que repasamos conversando co alcalde Xosé Lois Maceda. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, tamén conversamos coa traballadora social de Albores, Olalla García, para repasar o proxecto de inserción laboral que teñen en marcha, un dos seis seleccionados en Galicia para financiar a través da Fundación La Caixa.