Pleno extraordinario e urxente en Monforte para aprobar unha bonificación do 95% na licenza de obras solicitada pola empresa Kern Pharma. É un dos asuntos que repasamos da actualidade máis próxima nun programa no que fai balance do Rally do Comercio o xerente do CCU, Ángel Folgueira e falamos tamén coa gañadora dos 2.800 €, Paula Martínez. Conversamos cos tres aspirantes á alcaldía do concello de Bóveda, Javier Castro, candidato do BNG, Mari Carmen Macía, candidata do PSOE e José Manuel Arias, candidato á reelección polo PP. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Andrea López, unha pantonesa que vén de publicar a súa primeira novela e prepara a continuación da saga.