Con Manola Porto

Más de uno Monforte de Lemos 15/05/2024

Programa completo do 15/05/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 15.05.2024 14:25

Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e co espazo "Facendo Empresa" que adicamos a dous promotores turísticos, Rubén Vázquez que construirá as primeiras cabanas de madeira que ofertará nun bosque a Ribeira Sacra, e Antonio García que abre esta fin de semana todo un edificio adicado a vivendas turísticas. Con Guillermo Díaz, de Caureleando, falamos das micro reservas de orquídeas que hai no Courel. O Hospital Comarcal acolle hoxe unha xornada adicada á enfermería que repasamos co responsable desta área no centro hospitalario monfortino, Javier Piñeiro, e entre outros asuntos atendemos tamén á Feira da Cereixa e do Viño que se vai celebrar en Belesar na fin de semana, conversando cun dos membros da asociación organizadora.