Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 15/06/2023

Programa completo do 15/06/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 15.06.2023 14:49

Unha rotura na rede xeral do abastecemento municipal ten sen auga a unha boa parte da cidade de Monforte. Pechamos programa coa última hora sobre este asunto conversando co concelleiro de servizos José Luis Losada. E a residencia de maiores que a Deputación de Lugo construiu en Ribas de Sil empezou xa a recibir aos primeiros ususarios. Un servizo moi agardado do que falamos co alcalde Miguel Sotuela. O impacto das vivendas de uso turístico está sendo analizado nun Foro que se está celebrando no concello de Sober. Para coñecer máis da iniciativa conversamos con Miguel López, secretario da Unión de Consumidores de Galicia, que organizou o evento no que participan profesionais de Galicia e Portugal. Como cada xoves toca gabinete xurídico, Héctor López de Abogados Vigo 10, fálanos dos seguros que acompañan ás hipotecas. E conversamos tamén coa violonchelista Margarida Mariño que este sábado actúa no Mosteiro das Bernardas no concello de Pantón.