Abrimos co repaso a novas da actualidade máis próxima e co espazo adicado ao sector vitícola. Co técnico Alfonso Losada, falamos co sommelier David Seijas que estivo de visita na D.O Ribeira Sacra. Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller Rural e delo falamos con Verónica Marcos, presidenta de FADEMUR. Coa educadora Paula Santos repasamos actividade que prepara para este mércores sobre os efectos dun consumo excesivo de contido on line. Repasamos peticións que formulan ó goberno do Saviñao dende a Asociación Veciñal do citado concello e entre outros asuntos falamos tamén da Andaina Solidaria que para este domingo día 20 organiza a Asociación Chantada Contra o Cancro, da que nos da máis datos Eva Argíz.