Juan Rodríguez leva máis de 40 anos de utillero do Lemos e pola sua adicación vén de ser homenaxeado polo club. Hoxe abrimos programa conversando con él. Cada vez é maior a oferta de vivendas turísticas, repasamos aspectos legais relacionados con elas coa avogado Javier Leiro. En Pantón celebran hoxe pleno e entre outros asuntos, prenden tamén o alumeado de Nadal. Falamos co alcalde José Luis Álvarez. Entre os artesáns que participan dos Mercados de Nadal organizados polo concello de Monforte están os promotores do Museo de Casas de Monecas. Josela Fernández é unha delas e cóntanos como vai esta actividade e o material que eles ofertan. Rematamos programa conversando co cantautor Xabier Vizcaíno que ten concerto este sábado no concello de A Pobra do Brollón.