Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 16/03/2022

Programa completo do 16/03/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 16.03.2022 14:18

Convocada a VIII Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. Falamos del con Severino Rodríguez, voceiro da Asociación convocante. INNOGANDO foi unha das iniciativas premiadas en 2018. Aquela idea, catro anos máis tarde é unha exitosa iniciativa que achega as novas tecnoloxías ao sector agrario. Do que supuxo para eles o concurso e da actividade que realizan, falamos con Elio López, un dos promotores. E pechado desde hoxe o punto de vacinación que había en Monforte no antigo colexio Sagrado Corazón facemos balance do seu funcionamento con Inma Ramos, directora do Hospital Comarcal. E volven os mercados á Praza de Abastos. O primeiro será esta fin de semana e está organizado polo CCU. Falamos del con Ángel Folgueira, xerente do Centro Comercial Urbano. Entre outros asuntos, falamos tamén do encontro moteiro que se vai celebrar este domingo no marco das Xornadas do Cocido. José Castiñeira guiará aos participantes por un percorrido que nos adianta no programa.