Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando coa voceira do PP de Monforte, Kati Varela, que presenta iniciativas que este grupo prepara para o próximo pleno. Coa delegada da Asociación de Hostalería para esta zona sur, Beatriz Vila, falamos de Marida Maio, as xornadas gastroturísticas e enolóxicas que inauguran hoxe. Con Marga Rodríguez presidenta do CB Val de Lemos falamos do "Babybasquet" que teñen preparado para este venres no pavillón da Pinguela. O ciclismo tamén é protagonista este venres, o concello de A Pobra do Brollón, acolle un campionato galego que repasamos co rexedor Xosé Lois Maceda. Contámoslle como anticipan a celebración do Día das Letras Galegas na Residencia DomusVi de Bóveda, conversando co director Fernando Prada que confirma tamén o inicio das obras de ampliación, e entre outros asuntos toca gabinete xurídico con AV10 e Javier Leiro repasa lexilación ao respecto da privacidade de dispositivos como teléfonos móbiles que se utilizan no ámbito laboral.