Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 16/06/2022

Programa completo do 16/06/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 16.06.2022 16:00 (Publicado 16.06.2022 14:19)

Abrimos programa falando de teatro con varias das integrantes do grupo Teatreiras que dirixe Paqui Abeledos. Un grupo interxeracional que prepara nova representación. De tipos de despidos falamos hoxe no espazo de Vigo10 Abogados con Javier Leiro. O alcalde de Monforte recolleu en Madrid o premio "Vasoira de Platino" que recoñece a esta cidade como unha das máis limpas de España. Preguntámoslle sobre elo ao rexedor local, a José Tomé Roca. Falamos de toponímia e da campaña de recollida da mesma que ten en marcha a RAG e da que este venres falará en Pantón o filólogo Vicente Feijoo, hoxe conversamos con él no programa. Entre outros asuntos, entrevistamos tamén a Xabier Iglesias, que impartirá o sábado en Monforte, na Asociación de Amigos da Pandeireta, un obradoiro de canto e baile tradicional.