Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 16/09/2024

Programa completo do 16/09/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 16.09.2024 14:16

Semana de protestas no IES Río Cabe de Monforte denunciando falta de profesorado. Concentracións convocadas polo claustro de profesores por unha situación que repasamos co director do citado Instituto, Carlos Parada. E á espera do que poida decidir esta semana a Consellería do Medio Rural para axudar aos viticultores que non atopan comprador para as uvas desta campaña, recollemos valoracións de Isabel Villalba, secretaria xeral do SLG e de Félix Porto, máximo responsable de UUAA. Falamos ooa xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra do viñobús que empezará a funcionar a próxima fin de semana, e con José Aira, da paella que para 600 persoas prepara para despedir este luns as festas de Sober. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima no inicio do programa.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora