Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 16/10/2023

Programa completo do 16/10/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 16.10.2023 14:14

Repasamos novas da actualidade máis próxima e a nosa primeira conversa será con Virginia Menéndez, traballadora social da Asociación de Loita Contra o Cancro que prepara varias actividades de cara os próximos días das que nos da conta no programa. O concello de O Saviñao prepara un punto de recarga para autocaravanas, ten a licitación a ampliación do polígono industrial, e outras obras das que falamos co alcalde do citado concello, Carlos Armesto. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Lucas Vázquez, presidente do colectivo Segredos de Pantón co que repasamos propostas que teñen programadas de aquí a fin de ano.