Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co espazo Facendo Empresa que hoxe adicamos a Calzados Losal que pon en marcha liña de fabricación de calzado feminino que suma ao masculino emblema da fábrica dende que abriu en 1899. Patricia Castro é a presidenta da Asociación A Memoria é Náfraga, e hoxe presenta as actividades que teñen programadas na Casa da Memoria dende esta fin de semana ata que remate o ano. Seguen a bo ritmo as obras de ampliación da Residencia DomusVi de Bóveda, da que falamos co director, Fernando Prada que valora tamén moi positivamente o proxecto Discamino do que veñen de participar usuarios do centro de él dirixe. Co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, repasamos novas do citado municipio e rematamos conversando con Noelia Sánches, presidenta da ANPA do Colexio de A Pobra do Brollón que prepara concentración en Santiago este venres reclamando un profesor máis para o citado colexio.