Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 17/10/2023

Programa completo do 17/10/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 17.10.2023 14:17

O GDR Ribeira Sacra Courel coa colaboración do CRDORS organiza para este venres unha xornada sobre viños de parcela. Falamos delo co técnico Alfonso Losada, co xerente do GDR Martín Alemparte e cun dos ponentes, Salus Álvarez, presidente do CR Priorat. Coa campaña de vacinación da gripe en marcha, preguntamos como vai en Monforte ao dr Rosendo Bugarín, coordinador do Centro de Saúde de Monforte. O día 29 reabre a Igrexa de San Vicente do Pino cuxas obras vén de supervisar o delegado do Goberno e, entre outros, o alcalde de Monforte; escoitamos que contaron e conversando co párroco César Carnero repasamos as actuacións realizadas nese templo e outraas que quedan pendentes. Entre outros asuntos conversamos tamén coa escritora Pilar Eyre que este mércores presenta en Monforte a súa última novela, "De amor y de guerra".