Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 18/01/2024

Programa completo do 18/01/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 18.01.2024 14:18

O PP de Monforte pedirá amnistía para as persoas sancionadas polas cámaras de vixilancia instaladas nas rúas monfortinas e presentará alegacións á ordenanza de tráfico pedindo maior flexibilidade horaria nas zonas restrinxidas. Iniciativas que repasamos conversando coa voceira do PP Kati Varela. Iniciativas para o próximo pleno presenta tamén Esperta Monforte niste caso relacionadas cos servizos sanitarios entre outros asuntos que repasamos co voceiro Germán Vázquez. E tres Campionatos Galegos acolle este sábado o pavillón da Pinguela con máis de 300 participantes. Danos máis datos sobre estas competicións José María Vega. Temos como cada xoves, gabinete xurídico e Javier Leiro fálanos dunha indemnización que poden reclamar os xubilados aos que lle denegaran complemento por paternidade. Conversamos coa artista MJ Pérez que presenta hoxe unha nova canción e o videoclip da mesma, gravado en distintos puntos da Ribeira Sacra. Tempo tamén para o Foro empresarial que Deputación e Cel celebran este xoves en Monforte.