A Cooperativa Lemos acumula perdas que superan os millón de euros nos 5 días de folga do transporte. Están recollendo o leite dos produtores pero non poden sacar o transformado en Celega. É un dos asuntos que repasamos da actualidade máis próxima nun programa no que conversamos con Manuel Díaz da Plataforma "Salvemos o Malecón" que prepara para este domingo unha saída para "cazar lixo" das márxenes do río Cabe. Tamén falamos coa escritora Ledicia Costas, que esta tarde manterá encontro cos lectores na Libraria Agrasar e asinará exemplares da súa obra. Con Belén Elisa Díaz, falaremos da segunda edición do Camiño Creativo co que percorrerán de novo este verán o Camiño de Inverno. Conversamos tamén co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez e falamos da presentación da Feira do Viño de Quiroga que hoxe presentaron en Monforte o alcalde do citado concello e algúns dos adegueiros participantes.