Remata a Semana Santa deixando unha moi alta ocupación na Ribeira Sacra. Repasamos datos conversando con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico. Multitudinaria foi a Feira Medieval de Monforte, facemos balance co alcalde José Tomé Roca e tamén a Feira do Viño de Quiroga, niste caso falamos dela co rexedor quirogués, Julio Álvarez. Con María Jesús González, camareira da Virxe de Monserrat, repasamos actos do Martes de Pascua, e entre outros asuntos falamos tamén dun concerto solidario que vai ter lugar este martes na Igrexa do Sagrado Corazón a cargo do grupo Aba Taano que promove "Música para Salvar Vidas", conversamos coa presidenta desta ONG Elisabeth Michot.