Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 18/07/2022

Programa completo do 18/07/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 18.07.2022 14:18

Ata sete incendios seguen activos na serra do Courel onde arderon preto de 5.000 hectáreas de terreo. Hai unhas 500 persoas evacuadas dunha vintena de localidades. O posto de control deste lume foi visitado esta maña polo presidente da Xunta e o delegado do Goberno, Alfonso Rueda e José Miñones. Escoitamos que contaron sobre os lumes. Falamos tamén con Marisa Defente, unha das veciñas de Salcedo evacuadas e con Evaristo Méndez, de Froxán que preferiu quedar a loitar contra o lume para evitar que ardera a localidade. Da última hora no concello de A Pobra danos conta o alcalde, Xosé Lois Maceda e conversamos tamén co biólogo Guillermo Díaz.