O Xeoparque Montañas do Courel revalida con nota este título. Unha boa nova que repasamos con Roberto Castro, presidente da Asociación promotora. O incendio no Punto Limpo do Saviñao na madrugada do día 2 de setembro non foi intencionado. A orixe está nun dos camións calcinados. Esto recolle o informe que a policía xudicial elaborou sobre o suceso e do que nos fala o alcalde Carlos Armesto, co que repasamos outras novas do citado concello. E Monforte foi declarado pola Xunta, oitava área Rexurbe de Galicia, para coñecer máis da iniciativa conversamos con Heriberto García, secretario xeral do IGVS. O BNG reclama que se paralicen obras dunha canteira nas inmediacións do túnel romano de Montefurado con iniciativas das que da conta o deputado Iago Suárez, e entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, recollemos tamén queixas da ANPA do Colexio do Courel por falta de seguridade co transporte escolar no desvío das obras de mellora da estrada principal.
Más de Uno Monforte de Lemos 18/09/2024
Programa completo do 18/09/2024
¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?
Únete ahora