Interritmos é un espazo de aprendizaxe e intercambio cultural coa música como protagonista e máis de 70 persoas de diverso puntos de Galicia participan en Sober desta proposta do GDR Ribeira Sacra-Courel. Falamos delo coa técnica Cristina Estévez e con Cristina Rodríguez, responsable de Solpor Camperpark, onde se desenvolve esta iniciativa e preparan novas actividades para as próximas fins de semana que repasamos con ela. Este sábado na rúa Cardeal en Monforte prepara actividades a Asociación de Loita contra o Cancro para conmemorar o Día Internacional contra o cancro de mama, actividades que repasamos coa psicóloga Ana Belén Fernández. E APATRIGAL solicita ao alcalde de Monforte que non tire o muro que delimita o Parque dos Condes e reconsidere o proxecto de urbanización que ten previsto para esta zona. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima falamos tamén de taekwondo e de piragüismo e as citas internacionais nas que participan esta fin de semana deportivas do Neka e do Quixós.