Sumámonos ás Xornadas de Patrimonio que o Consello da Cultura Galega celebra entre hoxe e maña no Colexio da Nosa Señora da Antiga. Programa especial desde o salón de actos deste Colexio para falar cos organizadores, con profesores e alumnos, coas restauradoras que traballan na posta en valor das capelas laterais da Igrexa e co Conselleiro de Cultura Román Rodriguez. Con máis de 400 anos de historia, sempre adicado á formación, a obra do Cardeal Rodrigo de Castro é BIC desde o 2021. Axudar a poñer en valor este Monumento é un dos obxetivos destas actividades que repasamos hoxe.