Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando co arqueólogo Iván Álvarez Merallo que repasa actuacións que veñen de realizar no Castro de Vilar. Sen data de reapertura o restaurante Berso de Sober tras o incendio do sábado. Falamos co seu responsable Martín Mantilla. O incendio coincidiu co parque comarcal de bombeiros pechado polo conflicto que manteñen os profesionais dos parques galegos, unha situación que repasa Juan Vila, delegado de persoal no parque monfortino. Inaugurado o belén que a tamaño natural montaron en Sober. Falamos con Eugenio Linares, autor das pezas. Entre outros asuntos, conversamos tamén coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Sera, tras celebrar hoxe pleno de toma de posesión dos novos vocais.