Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 19/01/2024

Programa completo do 19/01/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 19.01.2024 14:16

Remata o Dakar co piloto monfortino Eduardo Iglesias no posto 75 da clasificación xeral. Recollemos a primeira valoración que fai tras cruzar a meta. Pladesapu anima á veciñanza do distrito sanitario de Lemos a participar na manifestación que en defensa da sanidade pública hai convocada en Santiago para o día 4 de febreiro. Explican os motivos Miriam Casas e Samanta Albarrán. Con Jaime López, secretario da CEL e presidente da Cámara de Comercio, recollemos conclusións do Foro empresarial organizado en Monforte por eles e a Deputación de Lugo. Entre outros asuntos atendemos á Festa dos Fachós que se celebra hoxe n Castro Caldelas, unha das máis singulares da Ribeira Sacra. Última hora da mesma conversando coa alcaldesa Inés Vega.