Tras o éxito de Cordadas Muki prepara un segundo xogo de cartas relacionadas coa escalada. Unha iniciativa que nace en A Pobra do Brollón e da que falamos coa promotora, María Yáñez. Por segunda vez, alumnado do IES A Pinguela colabora co CDG na caracterización dos persoaxes da súa última obra. Experiencia que repasan as profesoras Luz Freire e Melca Feijoo, dos ciclos de Imaxe Persoal e Téxtil. Xornada formativa sobre os retablos renacentistas e en especial sobre o retablo que Moure fixo na Igrexa da Nosa Señora da Antiga, este sábado para sumarse a celebración do 400 anos da súa construción. Repasamos actividade con María Abuín de Máis que Románico, empresa encargada de organizar esta actividade coa propia Fundación. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversmos tamén cn Tamara González, unha das promotoras de Vendaval, a 1ª Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra que abre este xoves en Monforte.