Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola, falamos con Luis Buitrón, presidente da Federación Española de Enoloxía, da 4ª edición de VinEspaña que se vai celebrar do 28 o 30 de abril. Co investigador Felipe Aira, repasamos a orixe da Festa do Martes de Pascua que celebramos hoxe en Monforte, e entre outros asuntos, conversamos co técnico de cultura do concello de Pantón, Javier González, que fai balance da actividade rexistrada na oficina municipal de turismo en Semana Santa.