Recta final da campaña electoral e hoxe abrimos programa conversando con Daniel Castro, candidato do BNG ao Congreso por Lugo. Convocada concentración para este xoves diante o Hospital Comarcal reclamando máis persoal. Conversamos con Vicente Vázquez, delegado de CIG- Saúde, sindicato convocante. O Colexio de Pobra do Brollón terá un profesor menos o próximo curso o que obrigará a agrupar aulas para disgusto de pais e nais que se concentrarán este xoves en Lugo diante o Edificio Administrativo da Xunta. Falamos con Elba Vilela, presidenta da ANPA. A actualidade lévanos tamén a Bóveda onde foi selado o boleto da Bonoloto premiado con máis dun millón de euros. Javier Domínguez é o propietario do Bar Chamouco onde foi validado. Son algúns dos asuntos que repasamos da información más próxima.