Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 19/09/2023

Programa completo do 19/09/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 19.09.2023 14:43

Abrimos falando dun novo éxito para o viño da D.O Ribeira Sacra. Adega Algueira consigue vender 6.000 botellas en Burdeos, nun exclusivo evento do que falamos co adegueiro Fernando González. Ata 2.200 persoas chegaron a entrar algún día de agosto ó Club Fluvial que incrementou o número de socios en máis dun 40%. Conversamos co presidente da entidade, Jaime Vázquez, ao que preguntamos tamén sobre a praia que vai habilitar o concello en Ribasaltas e como pode repercutir no Club. O BNG de Monforte reclamará un plan específico de rehabilitación para tentar frear o abandono do urbanismo monfortino, explica o voceiro Emilio Sánchez, co que repasamos outras iniciativas que levarán ao pleno do luns. Entre outros asuntos, falamos tamén dun acto de homenaxe organizado no Muferga, con Luis Blanco, director deste Museo, o propio homenaxeado, José Ignacio Baanante, e Juan Antonio Granados, presidente da Asociación de Amigos do Ferrocarril de Madrid.