Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 19/10/2022

Programa completo do 19/10/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 19.10.2022 14:16

Abrimos programa conversando con José Fuentes secretario de acción sindical da Federación de Ensino de CCOO de visita hoxe por varios Centros de Ensino e Institutos monfortinos. O grupo municipal do PP de Monforte reclama ao goberno local limpeza dos sumidoiros para evitar inundacións e neste sentido levaran iniciativas ao próximo pleno. Falamos coa voceira popular Kati Varela. E coincidindo co 400 aniversario do falecemento do VII Conde de Lemos, hoxe inaugurouse en Monforte un Congreso Internacional que afondará neste persoaxe histórico. Escoitaremos algúns dos intervintes no mesmo e ao alcalde José Tomé que se encargou de abrir o evento. Falamos tamén con Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Hostalería, das catas que promoven por diversos concellos da zona para fomentar a cultura do viño.