Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 19/10/2023

Programa completo do 19/10/2023

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 19.10.2023 14:17

Inaugurado o pavillón polideportivo municipal de A Pinguela en Monforte, repasamos como foi o acto e escoitamos que contaron no mesmo o alcalde e o presidente do CSD. A Asociación de Hostalería súmase á celebración do Día Mundial Contra o Cancro cun concurso de tapas que se presenta este venres e do que falamos coa delegada da asociación para esta zona. Preparadas para novembro as Xornadas Micolóxicas de Os Lactouros, conferencias e outras actividades que repasamos cun dos membros da directiva. Conversamos tamén co director da Residencia DomusVi de Bóveda que segue adiante co proxecto de ampliación e falamos tamén de actividades de integración que levan a cabo cos residentes. E no gabinete xurídico de AV10 contámoslle un caso de estafa que vén de gañar este bufete de avogados.