Contan as horas para volver a casa os veciños de A Pobra do Brollón bloqueados en Perú. Abrimos programa conversando cun deles, con Adrián Ramos. Escoitamos ao presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, que anunciou hoxe que se suspende temporalmente as concesións de pantaláns nos encoros da zona mentres non se elabore un plan para ordenar embarcadoiros e navegacións. E Julio Álvarez non volverá a encabezar a lista do PP á alcaldía de Quiroga. Fixo o anuncio o venres e hoxe conversamos con él. Repasamos programa e obxetivos do Foro Territorios Patrimonio que se vai celebrar en Monforte a partir deste martes, con Carlos Morillo, responsable da organización. E entre outros asuntos, falamos tamén de libros, Francisco Ruíz Aldereguía, fálanos do que vén de publicar sobre a batalla e tesouro de Rande.