"La gloriosa tragedia de Rande " é a última novela de Francisco Ruíz Aldereguía. Abrimos programa conversando co autor que hoxe presenta en Monforte este novo libro. Cun 50% de ocupación reabre hoxe as súas portas o Balneario de Augas Santas que se completará durante a fin de semana. Falamos co director, Santiago Villanueva. A Asociación Provincial de Hostalería promocina o sector en Fitur e presentou unha nova edición dunha guía promocional da que falamos con Cheche Real, presidente da citada Asociación. Monforte acolle este sábado o Campionato Galego de Taekwondo con 120 participantes. Buscamos a última hora sobre esta cita convesando con José María Vega responsable do Club Neka, encargado da organización do evento. Entre outros asuntos repasamos con Germán Vázquez, voceiro de Esperta Monforte, iniciativas que levará ao próximo pleno ao que tamén anuncia a voceira do PP Kati Varela, unha moción para que se busque solución aos problemas de suministro de auga que teñen varias rúas do barrio da Estación.