Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando co presidente do Club Korbis, Roberto Castro. Celebrado con grande éxito o Campionato Galego Benxamín e Prebenxamín de Voleibol, agora prepáranse para ser anfitrións dun campionato europeo. Esperta Monforte pedirá no próximo pleno que a corporación de Monforte se pronuncie en contra da instalación de Altri en Palas de Rei e se declare Monforte concello libre de eucaliptos, entre outros asuntos que repasamos co concelleiro Germán Vázquez. Repasamos actividades relacionadas co 8M que hai programadas en Chantada coa concelleira Pamela Fernández, e toca gabinete xurídico de AV10, Héctor Silva fala hoxe dos pactos parasociais. Atendemos tamén á visita que fai ao Hospital Comarcal o Conselleiro de Sanidade.